Skip to main content

O prazo para participar na terceira Carreira Universitaria Solidaria remata o vindeiro luns

As asociación de alumnos Run4Med e a empresa Campus na Nube organizan a terceira edición da Carreira Universitaria Solidaria que terá lugar o vindeiro 11 de maio en Campus Vida e de cuxos fondos recadados se beneficiará a Asociación Galega de Afectos e Familiares de Acondroplasia de Galicia (AFAeFA) que preside a profesora Pilar Cagiao.

As inscricións poderán realizarse ata o luns 8 ás 20.30 horas.

The contents of this page were updated on 05.05.2017.