Skip to main content

Abriu o prazo das actividades deportivas de verán e natación para a comunidade universitaria

O Servizo de Deportes abriu este martes o prazo de inscrición nas actividades deportivas de verán así como para a programación de xuño de natación e actividades acuáticas para integrantes da comunidade universitaria (categoría A). A partir da vindeira semana abrirase o prazo para o resto de categorías.

A programación de actividades deportivas de verán celebraranse entre xuño e xullo, cunha oferta que inclúe entre outras propostas tenis, zumba, ximnasia de mantemento, pilates, mellora da condición física, autodefensa, ioga, kung-fu ou aeróbic, entre outros. No caso das acuáticas, ao longo de xunto están previstas actividades de Aquagym, natación para embarazadas, natación terapéutica ou natación para adultos e menores.

The contents of this page were updated on 05.02.2017.