05.22.2025 | 19.00h
Organizada por Alumni da USC

Convidado pola asociación Alumni USC, o profesor xubilado da USC e ex presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, pronunciará o 22 de maio a conferencia ‘O dilema europeo e a ruptura da orde mundial’.
A charla, programada para as 19.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, será introducida por Modesto Gómez e presentada por Mercedes Rosón.
