Skip to main content

Día Mundial da Abella 2025

05.24.2025 | 11.30h-19.30h

Albergue de Polinizadores do Parque Vista Alegre (xornada da tarde)

Os segredos da polinización a través das coleccións do mhn
Os segredos da polinización a través das coleccións do mhn

O Museo de Historia Natural da USC continúa a celebración do Día Mundial da Abella 2025 o sábado 24 de maio da man de Máisquemel co obxectivo de poñer en valor o papel esencial das abellas e doutros polinizadores. Todas as actividades previstas para este día serán de balde, incluído o acceso ao museo durante toda a xornada.

A programación arranca ás 11:30 horas co obradoiro Os segredos da polinización a través das coleccións do MHN, unha actividade pensada para público infantil e familias da man do entomólogo Marcos A. González, catedrático de zooloxía e antigo director do museo. Conta con prazas limitadas a 20 persoas e require inscrición previa no correo amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com)

Ás 13:30 horas, terá lugar a entrega de premios do I Concurso Apiarte, que busca promover a creatividade arredor do mundo das abellas e dos polinizadores.

Xa pola tarde, entre as 17 e as 19.00 horas, o obradoiro A maxia da polinización, conducido polo biólogo Suso Asorey, fundador de Máisquemel, levarase a cabo no Albergue de Polinizadores do Parque Vista Alegre.

Durante toda a xornada, en horario de 12 a 14 e de 17 a 19 horas, haberá tamén degustación e venda de produtos das abellas e o libro Catálogo de Alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán, con Mulleres Abelleiras Galegas e da Asociación Cultural Vagalumes. Ademais, a música tamén terá presenza ao longo do día, con actuacións musicais en diferentes puntos do Parque Vista Alegre.

Todas as actividades son de entrada libre, agás o obradoiro da mañá. Para máis información, info [at] maisquemel.gal (info[at]maisquemel[dot]gal) e 630 069 635.

No programa colabora o Museo de Historia Natural da USC, o Concello de Santiago, a Biblioteca Pública Ánxel Casal, Divulgare – Universidade de Vigo, a Asociación de Amigos do Museo, a Escola Municipal de Música, Mulleres Abelleiras Galegas e a Asociación Cultural Vagalumes.

 

The contents of this page were updated on 05.15.2025.