Skip to main content

Os deportistas da USC colectan as primeiras medallas nos Campionatos de España Universitario

Ao longo desta semana dispútanse as finais de catro modalidades con participación da USC

Ata o momento, os equipos da USC teñen colectado un ouro, unha prata e dous bronces nas distintas fase finais dos Campionatos de España Universitario. Ruth Tilve, na categoría feminina de minimosca, alzouse ao caixón máis alto na final do campionato de Taekwondo, disciplina na que Luis Reiriz -peso pluma- e Lucía Viétez –medio- foron bronce.

Na modalidade de loita, Iván González Muñiz (-80) chegou á final e alzouse coa prata, mentres que David Seijo Núñez (-80) escalou ata o carto posto. No Campionato de Pádel, Antón Pastur Valdés e Jacobo Pérez Cendón alcanzaron os cuartos de final. Ao longo desta semana continúan disputándose distintas finais con participación de equipos o deportistas da USC: voleibol (2-5 de maio), xadrez (4-7 de maio), atletismo (5-7 de maio) e karate (10-11 de maio).

The contents of this page were updated on 05.02.2017.