Skip to main content

Acto de entrega do selo de excelencia ao grao en Veterinaria

06.04.2025 | 13.30h
Imaxe de arquivo da Facultade de Veterinaria da USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo da Facultade de Veterinaria da USC. FOTO: Santi Alvite

A Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria da USC acolle este mércores 4, ás 13.30 horas, o acto de entrega do selo de excelencia ao grao de Veterinaria. O acto estará presidido polo reitor, Antonio López Díaz; e contará coa participación do conselleiro de Educación, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; e do decano do centro, Gonzalo Fernández Rodríguez. A vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, dará a benvida ás autoridades, á comunidade universitaria e ao público asistente, e realizará unha breve intervención na que explicará o sentido e a importancia deste acto de recoñecemento.

O selo de grao de excelencia ten unha vixencia de seis cursos académicos, con seguimentos anuais e posibilidade de renovación, e continuará con financiamento específico no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-26. Enmarcada nas diferentes medidas impulsadas desde o Goberno galego para fomentar a excelencia e a adaptación da oferta formativa ás demandas do conxunto da sociedade, esta nova distinción contribúe a sensibilizar a comunidade universitaria sobre a relevancia da innovación para adaptarse ás transformacións de procesos, métodos, ferramentas, materiais e contidos que esixe a sociedade do coñecemento. Ao mesmo tempo, procúrase aliñar o deseño das titulacións de grao coas novas tendencias internacionais, contribuíndo a elevar os seus estándares de calidade e darlles visibilidade. 

The contents of this page were updated on 06.03.2025.