Skip to main content

O CiMUS ofrece oito bolsas de investigación na súa primeira edición do programa de verán

O CiMUS ofrece oito bolsas de investigación na súa primeira edición do programa de verán
O CiMUS ofrece oito bolsas de investigación na súa primeira edición do programa de verán
O prazo remata o 12 de maio

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago (CiMUS) lanza a I Edición do Programa de Bolsas de Verán ‘ CiMUS Summer School’, unha iniciativa de formación complementaria dirixida a alumnado de último e penúltimo ano de grao que cursen estudos nalgunha das distintas disciplinas das Ciencias da Vida.

Ao logo dun mes, os candidatos seleccionados integraranse nun dos grupos de investigación do centro para desenvolver un breve proxecto de carácter científico. Ademais, terán a oportunidade de participar en distintas actividades organizadas polo centro, como conferencias impartidas por investigadores de prestixio ou ciclos formativos.

A dotación económica das bolsas, oito en total, comprende unha asignación de 700 euros e unha axuda para os gastos de viaxe no caso das persoas non residentes en Santiago de Compostela.

Para participar no proceso de selección, que remata o 12 de maio, é necesario cumprir cos requisitos da convocatoria e cubrir o formulario oficial, que deberá ser enviado por correo electrónico xunto á documentación á dirección xestion.cimus [at] usc.es (xestion[dot]cimus[at]usc[dot]es) , indicando no asunto da mensaxe ‘SUMMER 2017.

The contents of this page were updated on 05.02.2017.