06.13.2025 | 18.00h
Salón de Graos

A XVI Promoción do Mestrado en Dirección de Empresas celebra o venres 13 de xuño o seu acto de graduación, que presidirá no Salón de Graos da Facultade de ADE ás 18:00 horas o adxunto á vicerreitoría de Organización Académica e do Campus de Lugo, Antonio Álvarez Rodriguez.
A ceremonia contará coas intervención da profesora Ángeles López Cabarcos, madriña da promoción; o decano da Facultade de ADE, Roberto Bande; a estudante María Ramudo Ledo en representación do colectivo; e o decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo, Salustiano Velo Sabín.