Skip to main content

Aberto o prazo de inscrición para os primeiros cursos e formacións de EUniWell para o curso 2025/2026

O prazo pecha o vindeiro 6 de xullo
Accede xa ao Catálogo de Cursos na web de EUniWell.
O prazo pecha o vindeiro 6 de xullo

EUniWell, a Universidade Europea para o Benestar, vén de abrir o prazo de inscrición para o primeiro lote da oferta formativa correspondente ao vindeiro curso 2025/2026. Un total de 10 cursos de balde, dirixidos a toda a comunidade universitaria (estudantado, PDI e PTXAS) e, na súa maioría, impartidos liña.

A nova oferta de EUniWell abrangue temáticas diversas e actuais, como a biodiversidade e sostibilidade, a ensinanza da historia a través do patrimonio cultural, o benestar no ámbito académico, a propiedade intelectual ou a inclusividade na educación superior, entre outras.

No Catálogo de EUniWell tamén figuran cursos con compoñente de mobilidade física de curta duración. Neses casos, as persoas interesadas deben consultar a páxina web de Mobilidade EUniWell antes de inscribirse para comprobar se a USC ofrece financiamento e coñecer cales serían as condicións.  

Non perdas esta oportunidade de acceder a formación de alta calidade e inscríbete antes do 6 de xullo nalgún dos cursos e formacións de EUniWell. 

The contents of this page were updated on 06.24.2025.