Skip to main content

Inauguración da nova sede do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

06.25.2025 | 12.30h

Santiago de Compostela
IGFAE

Interior da nova sede do IGFAE. Foto: IGFAE
Interior da nova sede do IGFAE. Foto: IGFAE

A nova sede do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC inaugúrase este mércores 25 nun acto no que participan o reitor da USC, Antonio López; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso  Rueda; o director do IGFAE, Carlos Salgado, e a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín. A sesión inaugural será ás 12.30 horas, logo de realizar unha visita polos novos espazos.

As instalacións, cunha superficie de máis de 5.000 m2, son froito dun investimento de máis de cinco millóns de euros por parte da Xunta de Galicia, cos que se acometeu a renovación e ampliación das dependencias situadas nas plantas baixas do edificio do Monte da Condesa, no Campus Sur de Santiago de Compostela.

The contents of this page were updated on 06.25.2025.