Skip to main content

Conferencia ‘A cura inesperada? Experiencias multiespecie e alteridade na cidade’, de Andrea Núñez Casal

07.03.2025 | 19.00h

Sala de Xuntas do Decanato

Seminario de Futuros Urbanos

O seminario será en Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
O seminario será en Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite

A última sesión do segundo semestre do curso no Seminario de Futuros Urbanos do grupo ANTE e do IDEGA terá como protagonista a investigadora Andrea Núñez Casal, que pronunciará a conferencia ‘A cura inesperada? Experiencias multiespecie e alteridade na cidade’, que será seguida por unha discusión aberta a todas as persoas presentes. Será o xoves 3 de xullo ás 19:00 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.

Andrea Núñez Casal é investigadora Ramón y Cajal no Departamento de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do Instituto de Filosofía do CSIC. Dedícase á investigación inter/transdisciplinar das imbricacións entre ciencias, corporeidades e culturas. Nese traballo emprega unha ampla variedade de perspectivas teóricas (estudos culturais, de ciencia, tecnoloxía e sociedade, teoría feminista, antropoloxía da ciencia...) así como métodos de investigación cualitativa.

Licenciada en Bioloxía pola USC e doutora en Estudos Culturais en Goldsmiths, a súa carreira tena levado a traballar, ademais de nesas universidades, na UOC ou nas de Edinburgo, Strathclyde ou Oxford. A súa investigación actual explora as imbricacións entre as dimensións filosóficas, culturais e corporais da inmanencia e a transcendencia e como o místico se entretece de modos e modalidades liminais tanto en termos de “coexistencia con” como de “resistencia cara” formas de vida tenaces, transformacións socioambientais e formas de normatividade e lexitimación biomédica.
 

The contents of this page were updated on 07.01.2025.