Skip to main content

Seminario ‘Terapias avanzadas e CAR-T: innovación na inmunoterapia personalizada’

07.09.2025 | 10.00h-11.00h

III Foro USC-El Correo Gallego

Detalle dun laboratorio da USC. Foto: Santi Alvite
Detalle dun laboratorio da USC. Foto: Santi Alvite

As terapias avanzadas, e en particular as terapias con células CAR-T, están a transformar a maneira de abordar as enfermidades oncohematolóxicas e a abrir novas vías para o tratamento personalizado do cancro. Galicia, a través dos seus hospitais e centros de investigación, posicionouse como líder na produción, administración clínica e desenvolvemento de ensaios con células CAR-T, grazas á colaboración entre o sistema sanitario e a Universidade de Santiago de Compostela.

Para explicar estes avances, o 9 de xullo ás 10.00 horas as expertas Mabel Loza e Rocío Mosquera impartirán o seminario ‘Terapias avanzadas e CAR-T: innovación na inmunoterapia personalizada’, enmarcado no III Foro USC - El Correo Gallego. A sesión poderá seguirse presencialmente na Facultade de Ciencias da Comunicación ou de maneira virtual a través da canle oficial de Youtube da USC: https://youtube.com/live/947jPd2Vlk8

Mabel Loza é catedrática de Farmacoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, Directora Científica do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) e coordinadora do grupo BioFarma, coñecida polo seu liderado no descubrimento de fármacos e na colaboración universidade-industria.

Pola súa banda, Rocío Mosquera é especialista en Cirurxía Xeral e Dixestiva e actualmente dirixe Galaria, a Empresa Pública de Servizos Sanitarios de Galicia. Ocupou cargos de responsabilidade na sanidade galega, como a Consellería de Sanidade (2012-2015) e a dirección do Servizo Galego de Saúde, SERGAS (2009-2012).
 

The contents of this page were updated on 07.09.2025.