A Vanguard Initiative puxo en marcha o mecanismo interrexional VInnovate. Trátase dun instrumento conxunto de financiamento pioneiro entre as rexións socias participantes que facilita a creación de consorcios para o impulso de proxectos de I+D. A participación galega nesta convocatoria artéllase a través de VInnovate Galicia, que financia os axentes galegos que participan nestes proxectos interrexionais.
Que rexións europeas participan nesta iniciativa?
Leste dos Países Baixos (Países Baixos)
Sur dos Países Baixos (Países Baixos)
Emilia-Romaña (Italia)
Flandres (Bélxica)
Valonia (Bélxica)
Gales (Reino Unido)
Galicia (España)
Baixa Austria (Austria)
Baixa Saxonia (Alemaña)
Norte de Portugal (Portugal)
Noreste de Romanía (Romanía)
Listado de proxectos:
- Acrónimo: AEROCARE
- Título: AeroCare: materiales de apósito avanzados e sostibles para aplicacións en feridas crónicas
- Obxectivo: O obxectivo principal do proxecto AeroCare é desenvolver un apósito antimicrobiano dinámico empregando aeroxeles cargados con fagos e un biosensor téxtil intelixente para mellorar o tratamento e seguimento de feridas crónicas.
- Convocatoria: 1ª convocatoria do Mecanismo Interrexional VInnovate
- Referencia e enlace web: IN848G 2024/01
- Entidades beneficiarias: Universidade de Santiago de Compostela, Health Biolux SL (líder consorcio galego)
- Acrónimo: Ortesis ETNOPAR
- Título: Advancing Personalized Drug Delivery for Onychomycosis through Validation of Performance, Safety and Additive Manufacturing Validation
- Obxectivo: O obxectivo do proxecto Ortesis ETNOPAR é desenvolver e comercializar un dispositivo innovador para o tratamento personalizado da onicomicose e outras patoloxías ungueais, mediante a optimización da administración de fármacos a través dunha órtese, garantindo a súa eficacia, seguridade e compatibilidade con tratamentos existentes e formulacións cosméticas naturais.
- Convocatoria: 1ª convocatoria do Mecanismo Interrexional VInnovate
- Referencia e enlace web: IN848G 2024/08
- Entidades beneficiarias: Universidade de Santiago de Compostela (líder consorcio galego), Etnogal SL