
Criterios:
En función dos recursos dispoñibles, a USC seleccionará e autorizará a participación nos CEU de acordo cos seguintes requisitos:
- Ser estudante de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento, dos títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
- Estar en posesión da licenza federativa da tempada en curso.
- Cumprir os criterios de selección da USC para cada modalidade.
Requisitos
A Área de Deportes da USC, nomeará un técnico que se encargará de seleccionar e valorar o estado de forma co historial deportivo presentado.
Atletismo
- Estar entre os 8 primeiros/as absolutos ou entre os 3 primeiros/as da súa categoría dos Campionatos de España de Atletismo de 2025.
- Haber acadado entre os 8 primeiros/as postos na última edición celebrada dos CEU de Atletismo de 2025.
A orde de participación virá marcada pola puntuación na táboa IAAF.
Campo a través
- Estar entre os 8 primeiros/as absolutos ou entre os 3 primeiros/as da súa categoría dos Campionatos de España de Campo a través longo/curto de 2025.
- Participar no Campionato Galego de Campo a través longo/curto e clasificarse entre os 3 primeiros/as na categoría absoluta ou primeiro na categoría inferior.
- Haber acadado entre os 8 primeiros/as postos na última edición celebrada dos CEU de Campo a través de 2025.
Natación
- Estar en posesión da marca mínima esixida polo CSD. Esta deberá estar realizada na segunda metade da tempada 2025 o na primeira do 2026.
- Estar entre os 8 primeiros/as absolutos ou entre os 3 primeiros/as da súa categoría dos Campionatos de España 2025 da modalidade que se solicita ou entre os 3 primeiros/as dos Campionatos Autonómicos Federados de Natación.
- Haber acadado entre os 8 primeiros/as postos na última edición celebrada dos CEU de natación de 2025.
Outras modalidades
- Estar entre os 8 primeiros/as absolutos dos Campionatos de España 2025 da súa modalidade.
- Haber acadado entre os 8 primeiros/as postos na última edición celebrada dos CEU da súa modalidade de 2025.
Deportistas DAN
Teñen a obriga de formar parte das seleccións da USC e, de non ser así, deberán presentar xustificación por escrito que será valorada pola Área Deportiva da USC. De non presentar xustificación, antes da data límite de inscrición do CEU correspondente, formularase de oficio unha solicitude para a revogación do seu recoñecemento como DAN da USC ou de parte dos beneficios que acompañan a ese recoñecemento.
Poderanse solicitar 2 créditos ECTS, que se expedirán a final do curso académico. Para máis información preme aquí.
As persoas rexistradas formalmente para participar en calquera deporte, proba ou modalidade que non se presenten sen causa xustificada, poderán ser sancionados sen representar á USC en ningunha outra competición ou campionato, tanto no curso vixente coma no seguinte.
Para representar á USC é condición indispensable o correcto comportamento tanto dentro como fóra dos recintos deportivos, sendo obrigatorio aceptar, aplicar e asinar o documento e levar o equipamento deportivo da USC, no caso que a houbese, en perfectas condicións. En caso contrario será motivo de inhabilitación.
En función dos recursos dispoñibles, a USC seleccionará e autorizará a participación nos CEU de acordo cos seguintes requisitos:
- Estar en posesión da licenza federativa da tempada en curso.
- Cumprir os criterios de selección da USC para cada modalidade.
O número de deportistas das distintas modalidades que acudan a estas competicións, estarán condicionados tanto pola convocatoria oficiais dos distintos campionatos, como pola dispoñibilidade orzamentaria da USC.