Skip to main content

Encontro científico ‘De xénero e ruralidades. Mulleres, pobos e transición ecosocial. Contribucións desde os estudos culturais’

07.14.2025 | 10.00h-19.00h
Detalle do cartel
Detalle do cartel

A Facultade de Humanidades de Lugo acolle o luns 14 xullo o encontro científico ‘De xénero e ruralidades. Mulleres, pobos e transición ecosocial. Contribucións desde os estudos culturais’ que organiza o proxecto GESUSA-Género, sustentabilidad y saberes rurales, liderado pola USC e financiado polo Instituto das Mulleres para a visibilización, divulgación e reivindicación do papel dos saberes das mulleres rurais na crise ecosocial.

As profesoras da USC e investigadoras de GESUSA Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre son quen coordinan esta cita científica que dará comezo ás 10.00 horas coa intervención de Silvia Canalejo Alonso, da Universidade de Granada. A ela seguiranlle durante a mañá Noelia Valiño Vázquez, da USC; Laura Lesta García, do Middlebury College, Vermont; Alba Rodríguez Saavedra, da Universidae de Vigo; e Alicia Pajón Fernández, da Universidade Internacional de Valencia.

Xa pola tarde, intervirán Jorge Ramón Ros, da Universidade de Valencia, e o persoal investigador da USC María Gil Martínez, Cibrán Tenreiro Usal, Marta Pérez Pereiro e  Ana Cabana Iglesia.
 

The contents of this page were updated on 07.11.2025.