Skip to main content

Conmemoración do décimo aniversario do CRETUS

07.18.2025 | 12.00h-13.30h
O acto será na ETSE. Foto: Santi Alvite
O acto será na ETSE. Foto: Santi Alvite

O Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da USC cumpre este ano unha década de existencia, unha efeméride que celebrará o venres 18 de xullo, ás 12.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. No acto ‘CRETUS, 10 anos na vangarda da investigación ambiental’ participarán o reitor da USC, Antonio López; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría.

Por parte deste centro de vangarda da investigación ambiental iniciarán o acto o seu coordinador científico, Juan Lema; a directora científica, Maite Moreira, o membro do comité científico asesor externo do CRETUS, o profesor da Universidade do Porto Luis Melo; e o membro do comité social empresarial do centro, Nicolás Esmorís, de Viaqua.

Trátase dun evento que conmemora unha década de esforzos dedicados ao desenvolvemento de tecnoloxías e solucións ambientais sostibles, con proxectos de impacto global que abarcan desde a protección da biodiversidade ata a rexeneración do solo e a auga desde unha perspectiva multidisciplinar. O fito culminante desta década é o recoñecemento da excelencia científica de CRETUS a través da súa incorporación á Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario Galego (CIGUS).

Trátase dun acto público aínda que é preciso anotarse nesta ligazón por cuestións de loxística.

The contents of this page were updated on 07.17.2025.