A USC reclama xunto con otras 27 universidades a oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro na Unión Europea

A Universidade de Santiago, xunto coas 22 da Xarxa Vives, a Universidade Pública de Navarra (UPNA) e EHU, Deusto, Mondragon Unibertsitatea e EUNEIZ, asinan un manifesto conxunto reclamando a oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro na Unión Europea.
Estas institucións educativas consideran que “a oficialidade das nosas linguas propias por parte do Consello da UE supón un recoñecemento da diversidade propia da unión, así como dos dereitos lingüísticos e de liberdade académica e de creación científica específicos do ámbito universitario”.
Por todo isto, solicitan “a todos os representantes políticos do Estado español que apoien esta iniciativa en sintonía coas universidades e co amplo consenso social que a cuestión lingüística representa”.