Skip to main content

Comezou a segunda edición do seminario internacional sobre eco-ficcións

O grupo de investigación ‘Discurso e Identidade’ organiza este luns e o martes a segunda edición do seminario internacional Ecofictions, incluído no proxecto homónimo dedicado ao estudo dos discursos emerxentes sobre muller e natureza en Galicia e Irlanda.

O programa arrancou en Filoloxía cunha mesa redonda dedicada á presentación do proxecto para continuar cunha sesión plenaria da poeta Grace Wells e cun obradoiro da docente da Universidade de Freiburg Stefanie Lethbridge sobre ‘Eco-ficcións e eco-críticas’. Xa o martes 10, pechará o programa novamente Stefanie Lethbridge co conferencia ‘Good dragons are hard to find: animal studies, literary dragon and Game of Thrones’.

The contents of this page were updated on 10.09.2017.