Skip to main content

Cultura emprendedora nas aulas da Facultade de ADE

Estudantes participantes na xornada sobre cultura emprendedora celebrada en ADE
Estudantes participantes na xornada sobre cultura emprendedora celebrada en ADE
Emprendedores, empresarios e técnicos da USC e da Fundación CEL animan a emprender ao alumnado de Administración e Dirección de Empresas

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC apoia o emprendemento universitario coa celebración dunha xornada sobre cultura emprendedora na que participaron estudantes dos últimos cursos do grao en ADE, ademais de promotores de proxectos innovadores de emprendemento, técnicos da USC, empresarios e representantes da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

A decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro Fernández, abriu sesión na Aula Magna do centro universitario lugués cun breve acto de benvida a todas as personas asistentes. De seguido, José Manuel Rebolo González e Patricia González Alonso, técnicos da Área de Valorización e Transferencia de Tecnoloxía e Emprendemento da USC, relataron nas súas exposicións as posibilidades e as liñas de axuda a emprendedores dispoñibles no Campus Terra da USC.

Os testemuños das promotoras do proxecto empresarial LegalMit, María e Leticia Seara Losada, así como do promotor do proxecto Urban Digital Box, José Luis Gude Pereira, permitiron aos asistsentes coñecer as súas respectivas experiencias como emprendedores empresariais no marco dun foro no que o coordinador da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, Rodolfo Ojea, tamén presentou ao estudantado universitario as accións de apoio a iniciativas de emprendemento promovidas pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

A xornada sobre cultura emprendedora organizada na Facultade de ADE chegou ao seu remate coa presentación das empresas Raiola Networks SL e Alazia Couture SL, a cargo dos seus co fundadores, Álvaro Fontela Sánchez e Carmen Louzao Soneira, respectivamente.

Relatorio sobre marca persoal e éxito empresarial

A intervención do director Captación de Talento de Abanca, Francisco Mateo Alonso, programada para as 17.00 horas, no salón de graos da Facultade de Ade do Campus Terra da USC, serviu de colofón desta xornada sobre cultura emprendedora. O relatorio de Mateo Alonso leva por título ‘ Marca persoal e empowerment, claves para o éxito profesional’.

Responsables académicos e técnicos da USC que participan como relatores no foro sobre emprendemento

The contents of this page were updated on 10.19.2017.