Skip to main content

Presentación do libro ‘La represión franquista en Alhucemas y el Rif Central durante la Guerra Civil Española’, de Dionisio Pereira

09.17.2025 | 19.00h

Ciclo Pasados Incómodos de HISTAGRA

Coa conferencia o grupo Histagra comeza o novo curso. Foto: Santi Alvite
Coa conferencia o grupo Histagra comeza o novo curso. Foto: Santi Alvite

O grupo Histagra comeza o novo curso cunha conferencia do ciclo Pasados Incómodos. Nesta ocasión, o investigador Dionisio Pereira presenta o 17 de setembro ás 19.00 na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia a súa última publicación, La represión franquista en Alhucemas y el Rif Central durante la Guerra Civil Española, en formato bilingüe árabe-castelán, editado en Tánger polo colectivo rifeño Tifraz n´Rif.

Medio centenar de persoas vinculadas ao Rif Central foron fusiladas entre 1936 e 1939, ben na propia Alhucemas/Villa Sanjurjo e na súa contorna, ben nos fortes de Rostrogordo en Melilla ou El Hacho en Ceuta. A publicación manexa unha base de datos con máis de 150 persoas residentes españolas, represaliadas en diversas formas, algunha delas con resultado de morte.

O libro tamén documenta como un número indeterminado de rifeños pertencentes a distintas kábilas do Rif Central foron obxecto dunha violencia desmedida (que inclúe mortes e torturas) por rexeitar o recrutamento de soldados para loitar con Franco na Guerra Civil no corpo de Regulares. Un feito moi pouco coñecido que, segundo o autor, é demostrativo de que a brutalidade exercida na última Guerra de África (1921-1927) continuou a ser empregada en décadas posteriores contra quen confrontou o dominio dos militares franquistas españois que gobernaron o Protectorado.

The contents of this page were updated on 09.08.2025.