Skip to main content

Acto de homenaxe ao profesor Puy Muñoz

09.19.2025 | 12.00h

No transcurso do acto, presentarase un volume da profesora Milagros Otero Parga

A homenaxe será na Facultade de Dereito
A homenaxe será na Facultade de Dereito

O que fora profesor emérito da USC Francisco Puy Muñoz, finado en 2024, será homenaxeado na Universidade de Santiago este venres 19 nun acto que se desenvolverá ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito baixo a presidencia do reitor Antonio López e ao que tamén asiste o presidente do Parlamento, Miguel Santalices.

O acto iniciarase coa intervención da profesora da USC Milagros Otero Parga, autora da publicación homenaxe que se presentará na mesma sesión. Participarán tamén, ademais do reitor, a catedrática de Filosofía do Dereito da Universidade do Minho (Portugal) e prologuista do volume, Clara Calheiros; a profesora da Universidade das Americas (Ecuador) e autora do epílogo, Johanna Ponce; e o director de varias coleccións da editorial Reus na que está editado, Carlos Rogel Vide.

The contents of this page were updated on 09.16.2025.