- Publication date
- Application date
- Resolution period
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) segue a considerar de relevancia, por sexto curso consecutivo, a convocatoria das axudas de manutención dirixidas ao seu estudantado. Estas axudas, iniciadas en 2020 debido á crise económica derivada da enfermidade por coronavirus continúan sendo necesarias, tendo en conta a permanencia da crise económica reflectida na actual conxuntura de escalada de prezos, e que está afectando ao consumo de produtos básicos.
Obxecto das axudas
As presentes axudas teñen por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación do estudantado mediante a emisión de bonos de comedor intercambiables por un menú nos días e períodos lectivos segundo o calendario escolar do curso 2025/26 e na forma e cos requisitos que se establecen nestas bases reguladoras.
Con esta finalidade emitiranse tres tipos de bonos, entre os que deberán elixir as persoas solicitantes:
- Tipo 1: 80 consumos (repartiranse un máximo de 500 unidades)
- Tipo 2: 60 consumos (repartiranse un máximo de 400 unidades)
- Tipo 3: 40 consumos (o número repartido fixarase en función das solicitudes)
O reparto dos bonos detállase no artigo 7.
Os bonos poderán intercambiarse por un menú diario para levar ou para consumir nas instalacións das cafeterías ou comedores que se relacionan a continuación, na franxa horaria do mediodía, coa posibilidade de retirar un menú adicional para levar de luns a xoves ou até dous menús adicionais os venres:
Cafetería / Comedor | Campus |
---|---|
Colexio Maior Fonseca | Santiago Sur |
Colexio Maior Rodríguez Cadarso | Santiago Sur |
Edificio Docente Roberto Novoa Santos | Santiago Sur |
Escola Técnica Superior de Enxeñería | Santiago Sur |
Fac. Ciencias da Comunicación | Santiago Norte |
Fac. Ciencias da Educación e Psicoloxía | Santiago Sur |
Fac. Económicas e Empresariais | Santiago Norte |
Fac. Filoloxía | Santiago Norte |
Fac. Matemáticas | Santiago Sur |
Fac. Medicina | Santiago Histórico |
Residencia Universitaria Burgo das Nacións | Santiago Norte |
SEU Santiago | Santiago Sur |
Fac. ADE | Lugo |
Fac. Humanidades | Lugo |
Fac. Veterinaria | Lugo |
Información para o uso dos bonos
Para facer uso dos bonos é preciso que instales a app da USC, amoses a túa “Tarxeta virtual” ao persoal do comedor e lle indiques que queres facer uso do teu bono.
Cando realices o consumo dun bono recibirás un correo electrónico indicando os consumos restantes. Tamén poderás consultar os detalles do teu bono no seguinte enderezo:
https://aplicacions.usc.es/menuusc/publica/bonos
Tes máis información no seguinte vídeo:
Requisitos das persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que cumpra os seguintes requisitos:
Requisitos académicos
- Estar matriculado/a no curso 2025/26 en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao ou mestrado en calquera centro da USC.
- Non estar en posesión ou en condición de posuír un título do mesmo ou superior nivel ao dos estudos nos que se matricula para solicitar a axuda.
- Formalizar matrícula de, polo menos, 30 créditos, ou no caso de estudos de grao, formalizala dos créditos restantes para rematar os estudos.
- Non poderá participar o estudantado que estea cursando na USC un programa de mobilidade entrante nacional ou internacional. O estudantado da USC que vaia cursar un programa de mobilidade parcial, nun único semestre, poderá participar na convocatoria tendo en conta que optaría a un bono do Tipo 3.
Requisitos económicos
Os requisitos económicos referiranse á Renda Persoal Dispoñible (RPD) da persoa solicitante, que non poderá superar os 9.000 euros, segundo o procedemento de cálculo que se indica no primeiro punto deste apartado, así como á existencia de situacións laborais e económicas de especial gravidade posteriores ao ano 2024 previstas no segundo punto, que haberán de xustificarse documentalmente. Neste último suposto, poderase optar ás axudas aínda que no exercicio correspondente para o cálculo da RPD se superasen os 9.000 euros.
Presentación de solicitudes
- O prazo para presentar as solicitudes estará aberto entre o 22 de setembro e o 1 de outubro de 2025
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos en dúas fases:
- A través da Sede Electrónica da USC enchendo o formulario normalizado de solicitude que está dispoñible no seguinte enderezo: https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/175/ver.htm
- A través da plataforma do Banco Santander accedendo ao seguinte enderezo: http://app.santanderopenacademy.com/program/axudas-para-manutencion-do-estudantado-da-usc-durante-o-curso-2025-2026
- As solicitudes que non completen integramente as dúas fases teranse por desistidas e a persoa non poderá optar ás axudas
Xerencia - Axudas
- Job title
- Xestión de axudas
- Address
- Casa da Balconada Rúa Nova, nº 6. 15782 Santiago de Compostela
-
Phones
-
881 811 307
881 811 301 - xerencia.axudas [at] usc.gal
Xerencia
- Casa da Balconada
-
Rúa Nova, nº 6, 15782Santiago de Compostela
- Phones
- 881 811 010
- xerente [at] usc.gal
Xerencia - Axudas
- Job title
- Xestión de axudas
- Address
- Casa da Balconada Rúa Nova, nº 6. 15782 Santiago de Compostela
-
Phones
-
881 811 307
881 811 301 - xerencia.axudas [at] usc.gal
Xerencia
- Casa da Balconada
-
Rúa Nova, nº 6, 15782Santiago de Compostela
- Phones
- 881 811 010
- xerente [at] usc.gal