Skip to main content

Xornadas BenVidaUSC

Concerto de Grande Amore

09.24.2025 | 20.30h
Grande Amore
Grande Amore

Grande Amore actuará nas xornadas de BenVidaUSC do curso 2025/26, cun concerto na explanada da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo. En caso de condicións meteorolóxicas adversas trasladarase á Facultade de Veterinaria. A actuación terá lugar o mércores 24 de setembro ás 20.30 horas, con acceso libre e de balde.

O Premio Martín Códax 2022, así como o recoñecemento nos Premios MIN ao mellor álbum en galego 2024, poñen en valor a traxectoria deste proxecto musical liderado por Nuno Pico e que con traballos como Pelea, combina sons punk-rock e arranxos electrónicos para evidenciar "os demos que perseguen a toda unha xeración". 

Cartel do concerto
Cartel do concerto
The contents of this page were updated on 09.19.2025.