Skip to main content

A Orquestra e Coro da USC oferta prazas vacantes para o curso 2025-2026

Cartel da convocatoria
Cartel da convocatoria
O proceso de selección está dirixido a coñecer e valorar a participación das persoas aspirantes dentro dos programas que a OCUSC realizará entre outubro e xullo
Santiago de Compostela

A Orquestra e o Coro da Universidade de  Santiago de Compostela é un proxecto educativo musical da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura no que poden participar aquelas persoas que saiban tocar un instrumento orquestral ou queiran cantar nun coro. Na actualidade, aínda quedan prazas vacantes para dous violíns, oito violas, dous contrabaixos, e unha trompa e un trombón baixo, así como para tuba e arpa. Ademais, para o coro, hai prazas para oito tenores e sete baixos.

No caso da Orquestra, as persoas instrumentistas seleccionadas poderán participar no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos do curso 2025-26 (agás nos períodos de exames) de 21.30 a 23.30 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación, ademais dos ensaios extraordinarios que poidan programarse. De igual xeito, no caso do Coro as persoas seleccionadas participarán no grupo residente que ensaiará os martes e xoves de 20.00 a 21.30 horas (agás nos períodos de exames), na Facultade de Ciencias da Comunicación, alén dos ensaios extraordinarios que poidan programarse.
 
Para participar na Orquestra da USC realizarase unha selección entre as persoas aspirantes a través do envío dun vídeo por calquera canle tipo WeTransfer, YouTube, ou Dropbox, ao enderezo electrónico orquestra.universidade [at] usc.es (orquestra[dot]universidade[at]usc[dot]es) indicando o nome e apelidos da persoa solicitante. Para participar no Coro da USC realizarase unha proba presencial baixo cita previa enviada por correo electrónico pola organización, na Facultade de Ciencias da Comunicación, onde deberán realizar unha breve interpretación de libre elección de repertorio a capella ou sen acompañamento achegado pola OCUSC (cada candidato pode dispor dos recursos propios que precise ou crea conveniente para este fin), así mesmo terán que participar nun pequeno exercicio coa finalidade de coñecer mellor o rexistro vocal. En ambos os casos é preciso inscribirse no formulario en liña.


Estas audicións están destinadas a coñecer, seleccionar e valorar a participación das persoas aspirantes dentro dos programas que a OCUSC realizará entre outubro e xullo do curso 2025-26, así como programas asociados que poidan xurdir. As candidaturas admitidas nesta convocatoria non terán en ningún caso posibilidade de acadar créditos ECTS no presente curso, pero si poderán continuar en vindeiros cursos con carácter ordinario.

 

The contents of this page were updated on 09.22.2025.