09.29.2025 | 12.00h-14.00h

O 29 de setembro ás 12.00 horas terá lugar o acto de entrega e instalación no segundo andar da Facultade de Filoloxía da obra Añoranzas cántabras del Sardinero, de Felipe Criado.
Este extraordinaria peza, que é cedida pola familia Criado Boado á facultade, rememora os tempos da infancia do autor en Santander e é particularmente característica da pintura figurativa, o dominio da cor e o tratamento da muller do pintor.
Seguidamente, e tras un petisco de celebración, ás 13.00 horas no auditorio do centro desenvolverase a primeira das catro funcións de 'O último home', espectáculo poético musical do actor e escritor Manuel Cortés, ex estudante do centro.