11.24.2025 | 20.15h
No ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ actuará Mühlfeld Trío
Mülheld Trío, formado no outono de 2022 e composto por Erika García (clarinete), Giovanni Landini (violoncello) e Andrea Boga (piano), dará un concerto o luns 24 de novembro ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, enmarcado na programación do Outono Cultural. A entrada é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.