Skip to main content

Filoloxía incorpora ao seu patrimonio unha obra de Felipe Criado

A obra quedará exposta no segundo andar do centro. Foto: Santi Alvite
A obra quedará exposta no segundo andar do centro. Foto: Santi Alvite
Cedida pola familia Criado Boado ao centro
Santiago de Compostela

A obra ‘Añoranzas cántabras del Sardinero’ de Felipe Criado pasa a conformar dende este luns a colección pictórica da Facultade de Filoloxía logo de que a familia Criado Boado lla cedese ao centro.

A cesión tivo lugar esta mañá nun acto simbólico que presidiu o reitor Antonio López no segundo andar da Facultade, onde se situará a extraordinaria peza que rememora os tempos da infancia do autor en Santander e que é particularmente característica da pintura figurativa, o dominio da cor e o tratamento da muller do pintor.

Seguidamente no auditorio do centro desenvolveuse a primeira das catro funcións de 'O último home', espectáculo poético musical do actor e escritor Manuel Cortés, ex estudante do centro.

The contents of this page were updated on 09.29.2025.