Skip to main content

Presentación Campus Provacuno

10.15.2025 | 10.30h-12.00h
Xornada de Presentación Campus Provacuno, 15 de outubro de 2025, 10.30 horas, Microsoft Teams
Presentación Campus Provacuno

O vindeiro 15 de outubro, de 10.30h a 12.00h e de maneira online, terá lugar a Xornada de Presentación Campus Provacuno.

Campus Provacuno é unha iniciativa impulsada pola Organización Interprofesional de la Carne de Vacuno de España (PROVACUNO) co apoio da Fundación Vet+i-Plataforma Tecnológica Española de Sanidad Animal, dirixida ao estudantado universitario interesado no sector vacuno de carne.

O Campus Provacuno ten como misión conectar estudantes universitarios apaixonados polo sector vacuno e crear pontes entre a academia, o campo e a industria; formar profesionais comprometidos co futuro do sector, visibilizar saídas profesionais e compartir coñecementos que acheguen a realidade sectorial ao estudantado.

Durante o evento, compartiranse os obxectivos do Campus, as liñas de actuación previstas e os primeiros pasos. Tamén contaremos coa participación de expertos e profesionais do ámbito académico e gandeiro.

Para inscribirse tedes que cubrir o seguinte formulario https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScBa72V85XE_wKrVqOvJmjmHZOvG0J64iCYKGrRD-WGYNi-SA/viewform 

Podedes atopar máis información en https://www.provacuno.es/campus-provacuno 

The contents of this page were updated on 10.10.2025.