10.22.2025 | 19.30h

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Pico Sacro', de Alberto Lobelle (España, 2025, 79 min), nas Sesións de Filmoteca do Outono Cultural 2025. Inspirándose nas vistas do monte Fuji de Hokusai e nos cadros de Cézanne da montaña Sainte-Victoire, 'Pico Sacro' trata de revelar la maxia e o misterio que subxacen baixo a realidade. Será o mércores 22 de outubro no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.