Skip to main content

Espazo CIBERGalicia 2025

10.22.2025-10.23.2025

Cidade da Cultura
Santiago

O acto desenvolverase na Cidade da Cultura.
O acto desenvolverase na Cidade da Cultura.

Espazo CIBERGalicia 2025, un encontro impulsado pola Cátedra Economía da Ciberseguridade USC–INCIBE, desenvolverase os vindeiros 22 e 23 de outubro, na Cidade da Cultura de Galicia. O foro centrarase no emprendemento tecnolóxico e na ciberseguridade con impacto real. A participación activa de startups galegas punteiras en ciberseguridade, a través de demostracións en directo o primeiro día, e a presentación dos resultados da Cátedra o segundo, serán os piares desta edición. O acto de apertura comezará ás 9.00 horas. 

O programa está deseñado para conectar talento, proxectos e oportunidades entre empresas, institucións e universidade. O evento configúrase como unha actividade de interese para o estudantado e persoal investigador da Universidade, tanto pola posibilidade de descubrir a ciberseguridade como unha rama de especialización profesional, como pola oportunidade de coñecer de primeira man as principais empresas galegas do sector.

The contents of this page were updated on 10.13.2025.