Skip to main content

Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ)

11.19.2025-11.20.2025

Santiago de Compostela

O prazo para presentar traballos remata o 30 de outubro

Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ)
Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ)

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química organiza por quinto ano consecutivo a Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ), concibida como espazo de encontro en que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poidan dalo a coñecer, e potenciar ao tempo as súas capacidades de comunicación en público en lingua galega. 

A XINQ desenvolverase na Facultade de Química os días 19 e 20 de novembro en formato de sesión aberta de comunicacións orais nas que a mocidade investigadora presenta, en lingua galega e cun enfoque divulgativo, algún aspecto máis ou menos específico do traballo que desenvolve ou da súa área de investigación.

A XINQ está aberta a calquera estudante dun mestrado ou dun programa de doutoramento da USC relacionado co ámbito da química que pode participar cunha única comunicación oral. Para inscribirse cómpre encher un formulario antes do día 30 de outubro e acompañalo cun resumo da intervención, que debe respectar o modelo formal que propón o comité organizador que preside o profesor Miguel Martínez Calvo.

A participación na XINQ recoñecerase cun certificado acreditativo e os resumos publicaranse nun libro dixital. Ademais, farase entrega de dous premios en metálico por cada categoría, mestrado e doutoramento.
 

Cartel da xornada
Cartel da xornada
The contents of this page were updated on 10.21.2025.