Unha xornada de portas abertas no estadio de atletismo conmemora o xoves a Semana Europea do Deporte na USC

Unha xornada de portas abertas o xoves 28 no Estadio de Atletismo de Campus Vida conmemora na USC a Semana Europea do Deporte, iniciativa da Comisión Europea para promover o deporte e a actividade física en toda Europa e que se celebra ao longo de toda esta semana.
O Servizo de Deportes organiza esta xornada de portas abertas ao longo de todo o día de xeito que todas as persoas interesadas teñan acceso a aquelas escolas deportivas que se desenvolvan nas instalacións universitarias ao longo do xoves. Concretamente, pola tarde e se as condicións meteorolóxicas o permiten, a de GAP+Tono ás 19.30 horas e a de Zumba ás 20.30 horas celebraranse no exterior do Estadio.
#Beactive é o lema da Semana Europea do Deporte co que a Comisión Europea anima á practica deportiva ao longo de todo o ano. Esta iniciativa manterá a súa estrutura ao redor dunha serie de temas específicos como son contorna educativa, lugar de traballo, actividades ao aire libre e clubes deportivos e ximnasios, ao abeiro dos que esta semana se desenvolven numerosas actividades a escala europea, nacional, rexional ou local.