10.31.2025 | 11.30h
A cargo de Cristo M. Hernández
O profesor da área de Prehistoria da Universidade de La Laguna Cristo M. Hernández pronunciará o venres 31, ás 11.30 horas na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia a conferencia ‘Neandertais en alta definición: arqueoloxía de alta resolución nos xacementos de El Salt e Abric del Pastor’.
Esta actividade está organizada polo Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico. Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT) e polo Grupo de Innovación Docente en Prehistoria e Mundo Antigo (GID LITHOS), con financiamento da Facultade de Xeografía e Historia.