A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC acolle este venres a entrega de premios aos gañadores da D3Mobile 2018

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acollerá este venres, a partir das 12.00 horas, no salón de actos do centro, a gala de entrega de premios de D3Mobile 2018, un campionato internacional de modelado 3D de precisión con teléfono móbil promovido polo grupo Cig eo da USC e en cuxa organización tamén colaboran diversas entidades, institucións e empresas.
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidirá a cerimonia de entrega de premios aos equipos galardoados, no marco dun acto no qeu tamén intervirán a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o deputado provincial delegado de área de Innovación, Participación Cidadá, Xuventude e Deportes, Pablo Rivera Capón; o director do Servizo Rexional do Instituto Xeográfico Nacional, Pablo Carballo; o subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación de Profesorado, Iván Mira Fernández; a coordinadora do grupo de investigación Giceo da USC, Mariluz Gil Docampo, e o tamén profesor na EPSE e director do proxecto D3mobile, Juan Ortiz, tamén intervirán na cerimonia de entrega de premios de D3Mobile2017, unha sesión aberta ao público na que tamén participará a Fundación Mujeres, representada por María Hervada.
Algúns equipos internacionais que tomaron parte a edición de 2018 de D3Mobile intervirán na sesión a través de videoconferencia ou gravacións en diferido. A diferencia, si que estarán presentes no acto, acompañados dos seus coordinadores, os equipos de escolares galardoados procedentes de Pamplona, A Pobra do Caramiñal, Viveiro e Vimianzo.