Skip to main content

Un curso dirixido a alumnado achegará pautas de redacción científica, presentacións dixitais e como falar en público

O curso ‘Habilidades comunicativas’ é un programa organizado en tres módulos que poden cursarse de xeito independente nos que achega preparación sobre redacción científica, presentacións dixitais eficientes e falar en público. Cada un dos módulos consta e 25 horas e será recoñecido con 1 crédito ECTS por competencias transversais (lingua) para todas as publicacións. Desenvolverase ao longo do primeiro trimestre do vindeiro curso tanto tanto no Campus de Santiago como no de Lugo.

Redacción científica
O obxectivo deste módulo é mellorar a competencia escrita, diríxese sobre todo ás persoas que se atopan no proceso de redacción dun documento científico: artigo, traballo académico de curso, traballo de fin de grao, traballo de fin de máster, proxecto de fin de carreira ou tese de doutoramento.

Presentación dixitais
As presentacións son cada vez unha ferramenta máis común na vida do alumnado universitario. Demasiado texto con letra moi pequena, cores que non se ven ou transicións efectistas de máis son algunhas das características de moitas das presentacións das aulas universitarias. O obxectivo deste bloque é que o alumnado universitario saiba onde están as bases para crear presentacións con calidade e para lograr o efecto desexado: transmitir mellor o coñecemento científico.

Falar en público
A defensa oral dun traballo científico ou académico, a exposición dun relatorio ou a presentación dun proxecto esixen que o estudantado da Universidade, ademais de contar cun nivel axeitado de coñecementos significativos, tamén teña desenvolvidas as destrezas relacionadas coa comunicación oral.

As persoas interesadas poden atopar máis información, contidos, horarios, datas de celebración e proceso de matrícula na web do Servizo de Normalización Lingüística.

The contents of this page were updated on 07.04.2017.