Skip to main content

Últimas rutas do ‘Camiño ao Gaiás’ os días 1 e 8 de setembro

Participantes nunha das rutas do 'Camiño ao Gaiás' desenvolvidas este verán
Participantes nunha das rutas do 'Camiño ao Gaiás' desenvolvidas este verán

O programa ‘Camiño ao Gaiás’, promovido conxuntamente pola Fundación Cidade da Cultura coa Fundación USC Deportiva, celebrará os días 1 e 8 de setembro as dúas últimas rutas organizadas ao abeiro desta iniciativa aberta á participación de todas as persoas afeccionadas á cultura, deporte e lecer.

Logo das oito rutas desenvolvidas durante os meses de xullo e agosto, o público interesado en completar a pé o treito entre Santiago de Compostela e o Monte Gaiás e subir a pé á Cidade de Cultura, nun paseo entretido e guiado por técnicos deportivos da Fundación USC Deportiva, pode aínda formalizar a súa inscrición de balde nas páxinas web www.cidadedacultura.gal ou fundacionuscdeportiva.org. Esta ruta a pé comeza na oficina de turismo de Santiago e chega á Cidade da Cultura a través do Bosque de Galicia. Con esta ruta convídase aos participantes a que coñezan o patrimonio histórico e natural de Santiago de Compostela e ademais adquiran hábitos de vida saudables coa realización de exercicio físico. A ruta é apta para todas as persoas pero, no caso dos menores de idade, na inscrición debe constar o nome da persoa maior de idade que o acompañará e que, á súa vez, terá que inscribirse igualmente na actividade Coma todos os anos, o programa ‘Camiño ao Gaiás’ é de carácter gratuíto. Unha vez completado o percorrido e chegados á Cidade da Cultura, as persoas participantes serán recibidas polos guías do Museo e terán a oportunidade de visitar a exposición ‘Con-fío en Galicia’, unha mostra que ofrece un recorrido por un sector estratéxico, constituído por 300 empresas que dan emprego a unhas 13.000 persoas.

The contents of this page were updated on 08.26.2016.