A Asociación IV Ciclo Universitario Lugo organiza este venres unha sesión sobre testamento vital e coidados ao final da vida
Emilia Irimia e Ascensión Cambrón, da Asociación polo Dereito a Morrer Dignamente, intervirán como relatoras, ás 19.00 horas, no auditorio da Casa do Saber
A Asociación IV Ciclo Universitario de Lugo organiza este venres, a partir das 19.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, unha charla coloquio co título ‘Os coidados ao final da vida e testamento vital’.
A presidenta da Asociación polo Dereito a Morrer Dignamente, Emilia Irimia, e a vicepresidenta deste colectivo, Ascensión Cambrón, son as dúas persoas convidada para participar como relatoras neste foro aberto, que é de asistencia libre e gratuíta para todo o público interesado.