Skip to main content

A USC organiza o Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos

A Universidade de Santiago organiza a décimo novena edición do Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos, unha competición que se disputará este martes e o mércores nos campus de Santiago e Lugo.

A competición inclúe enfrontamentos en baloncesto, balonmán, fútbol sala, rugby 7 e voleibol, en modalidades tanto masculina como feminina, así como fútbol 7 feminino e fútbol 11 masculino.

The contents of this page were updated on 02.29.2016.