Conferencia da profesora Mariña Arbor sobre o Pergamiño Vindel

A profesora Mariña Arbor ofrece este martes, 1 de marzo na Coruña unha conferencia sobre o Pergamiño Vindel, de finais do século XIII e que con sete Cantigas de Amigo de Martín Codax é unha das xoias máis importantes da poesía medieval galega.
A intervención da profesora do Departamento de Filoloxía da USC, titulada ‘Un enigma desvelado: o Pergamiño Vindel’, producirase no transcurso da presentación dunha reprodución do documento –o orixinal consérvase na Morgan Library & Museum de Nova York– que terá lugar en primicia mundial ás 19:30 horas no auditorio da Sede Afundación na cidade herculina.
A reprodución desta obra, de M. Moleiro Editor, acompáñase dun libro de estudos publicado en edición trilingüe gallego-castellano-inglés a cargo de, entre outras, a profesora Mariña Arbor Aldea.
Una vez finalizada a conferencia inaugurarase a exposición ‘Tesouros ocultos: os manuscritos iluminados máis valiosos de Europa’, que inclúe unha selección de tesouros do patrimonio bibliográfico europeo pintados entre os séculos VIII e XVI e as grandes xoias da cartografía da Época dos Descubrimentos.