Skip to main content

O prazo para participar nos Premios á Introdución da Perspectiva de xénero remata o 30 de setembro

O prazo para participar nos Premios á Introdución da Perspectiva de xénero remata o 30 de setembro
O prazo para participar nos Premios á Introdución da Perspectiva de xénero remata o 30 de setembro

O prazo para participar na sétima edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero estenderase ata o próximo 30 de setembro. Este é unha iniciativa que se enmarca nas liñas de actuación do segundo Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC.

A convocatoria contempla dúas modalidades de participación dirixidas a membros e equipos do persoal docente e investigador da universidade compostelá. Unha dirixida ás accións innovadoras con inclusión da perspectiva de xénero no ámbito docente e a segunda para a posta en valor de traballos de investigación con perspectiva de xénero en calquera ámbito de coñecemento.

The contents of this page were updated on 07.29.2016.