Skip to main content

Alumnado de grao da USC poderá coñecer de primeira man as particularidades da Biblioteca Xeral

Alumnado de grao da USC poderá coñecer de primeira man as particularidades da Biblioteca Xeral
Alumnado de grao da USC poderá coñecer de primeira man as particularidades da Biblioteca Xeral
O xoves 21 organízanse visitas por espazos singulares da Biblioteca

A Biblioteca Xeral organiza este xoves 21 unha xornada a través da que o alumnado dos distintos graos da USC poderá achegarse aos aspectos máis descoñecidos da Biblioteca universitaria. Están previstas cinco visitas guiadas coas que quen se apunte coñecerá as curiosidades deste servizo, algunhas das xoias bibliográficas que custodia así como a historia tanto dos libros como do edificio no que se instala.

Ademais, as visitas inclúen un paseo por algunhas zonas do Colexio de Fonseca, a Biblioteca América, así como a Sala de Investigadores, sempre acompañando o percorrido con historias curiosas asociadas a cada un deste espazos. Esta é unha actividade organizada con motivo do Día do Libro.

En grupos de ata 20 persoas, están programadas tres quendas pola mañá, ás 10.00, 11.00 e 13.00 horas, e outras dúas pola tarde, ás 17.00 e ás 18.00 horas. Para apuntarse, as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo bxsec [at] usc.es (bxsec[at]usc[dot]es) indicando nome, apelidos e quenda na que desexaría apuntarse. En resposta, enviarase unha confirmación do grupo asignado.

The contents of this page were updated on 04.18.2016.