Skip to main content

O CESEDEN analizou unha xornada a cooperación contra o terrorismo internacional

O CESEDEN analizou unha xornada a cooperación contra o terrorismo internacional
O CESEDEN analizou unha xornada a cooperación contra o terrorismo internacional

O Centro Mixto en Estudos de Seguridade USC-CESEDEN desenvolveu este xoves unha sesión de análise sobre cooperación contra o terrorismo internacional e en particular os escenarios terroristas de Oriente Medio e América Latina. Participaron nela a investigadora do Colexio de México e a Universidade de Oxford Mónica Serrano e o ministro conselleiro da Embaixada da Federación Rusa en España, Sergey Melik-Bagdasarov, moderados polo profesor de Dereito Constitucional da USC e ex Valedor do Pobo, José Julio Fernández.

No debate, Melik-Bagdasarov centrou a súa conferencia no papel das forzas armadas da Federación Rusa no conflito sirio e defendeu a legalidade da intervención rusa nese país e a dispoñibilidade do goberno ruso de colaborar cos occidentais no marco do dereito internacional e o combate contra o terrorismo.

The contents of this page were updated on 04.14.2016.