Skip to main content

A Aula de Teatro da USC rememorará o seu vixésimo quinto aniversario cunha mostra sobre o vestiario das súas estreas

A Igrexa da Universidade abrirá este mércores 20 as súas portas á exposición ‘Vístete. Selecta de vestiario da Aula de Teatro da USC no seu XXV Aniversario’, un percorrido polos vinte e cinco anos de historia da Aula de Teatro da USC a través do vestiario utilizado nas súas obras, elementos da escenografía de cada representación, así como material gráfico como carteleiras ou fotografías.

A inauguración da exposición presidiraa ás 20.00 horas a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez, e contará coa asistencia da alcaldesa en funcións de Santiago, María Rozas Pérez, e do director da Aula de Teatro da USC, Roberto Salgueiro.

O punto de arranque desta percorrido visual pola historia do teatro universitario da USC sitúase no curso 1990-1991 coa estrea de A esperar a Godot, de S. Beckett, baixo a dirección de Roberto Salgueiro e con vestiario e carteis de Kukas, e chega ata o curso 2014-2015 cando a Aula subiu ás táboas Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet.

The contents of this page were updated on 04.19.2016.