Skip to main content

Un encontro internacional en Filoloxía analiza a narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas

O xornada desenvolverase na Facultade de Filoloxía ata este venres.  Foto: Servimav-USC
O xornada desenvolverase na Facultade de Filoloxía ata este venres. Foto: Servimav-USC

A escritora escocesa Janice Galloway inaugurou este xoves 21 en Filoloxía, o seminario internacional ‘ Gender and Short Fiction: Women's Tales in Contemporary Britain’ que reunirá durante dous días especialistas en literatura e xénero de renome internacional.

Logo deste relatorio interviron Michelle Ryan-Satour, da Universidade francesa de Angers, e Ailsa Cox, da inglesa Edge Hill. A xornada do xoves remata cunha mesa redonda, ás 18.00 horas, sobre as escritoras británicas de narrativa breve contemporáneas na que participarán Jorge Sacido Romero e Laura Lojo Rodríguez, da USC; Isabel Andrés Cuevas, da Universidade de Granada; Sylvia Miezskowski, da alemá de Bayreuth; e Laura Torres Zúñiga, da UCAM.

A sesión do venres contempla relatorios plenarios de Isabel Carrera Suárez, da Universidade de Oviedo; Emma Young, da Universidade Campus Oldham (Reino Unido); Barbara Korte, da alemá de Freiburg; Anne Besnault Levita, da Universidade de Rouen (Francia); e Celia Wallhead Salway, de Granada.

O seminario, coordinado por Jorge Sacido e Laura Lojo, está organizado polo proxecto de investigación Contos de mulleres: A narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas (1974-2013) e o grupo Discurso e identidade coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da USC.

O vicerreitor Roberto López presidiu a xornada inaugural este xoves. Foto: Servimav-USC

The contents of this page were updated on 04.20.2016.