Skip to main content

Unha serie de paneis informativos mostran en San Xerome a historia da adhesión de España á UE

Detalle dos paneis que se poden visitar ata o próximo día 26 en San Xerome
Detalle dos paneis que se poden visitar ata o próximo día 26 en San Xerome

O Claustro do Colexio de San Xerome reúne ata o próximo 26 de abril unha serie de paneis agrupados baixo o denominador común de ‘España e a Unión Europea: historia dunha relación (1962-2016)’.

Esta mostra é unha iniciativa do Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) organizada con motivo do triséximo aniversario da adhesión e narra a historia de anos de negociacións e a súa traxectoria. Promovida pola Representación da Comisión Europea en España, o Arquivo Dixital España-Unión Europea (SEDAS) e o Arquivo Histórico de Florencia, a finalidade é fixar un punto de partida para unha reflexión e debate sobre o que foi para España a aventura de Europa.

The contents of this page were updated on 04.19.2016.