Skip to main content

A USC participa nas xornadas de interpretación e dinamización do medio rural promovidas en Friol pola asociación Carballo Vivo

Cartaz das xornadas
Cartaz das xornadas
As actividades formativas e de divulgación programadas para os días 30 de abril, 7 e 14 de maio, desenvolveranse no centro social da parroquia de Carballo

A USC participa xunto coa asociación cultural Carballo Vivo de Friol na organización da cuarta edición das xornadas de interpretación e dinamización do medio rural, un foro que se desenvolverá os sábado 30 de abril, 7 e 14 de maio nas dependencias da antiga escola da parroquia friolense de Carballo, reconvertidas hoxe en centro social.

O obxectivo destas xornadas, organizadas en colaboración co Concello de Friol, Deputación Provincial de Lugo e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, pasa por contribuír a promover o interese pola cultura e as tradicións propias da parroquia de Carballo e do concello de Friol, ademais de converterse nun foro de análise e debate da situación actual do lugar e de posibles iniciativas encamiñadas á promoción e ao desenvolvemento socieconómico da contorna. As xornadas comezarán o sábado 30 de abril ás 10.00 horas cun acto inaugural a cargo dos organizadores e tralo que a presidenta do movemento Nova Escola Galega, Mariló Candedo, guiará un coloquio sobre experiencias educativas arredor do lobo. A presentación das conclusións dun estudo desenvolvido en distintos centros educativos de Galicia sobre a percepción que teñen os alumnos respecto do lobo e a proxección do filme ‘Entre lobos’ completan o programa da primeira sesión deste foro. A segunda sesión destas xornadas de interpretación e dinamización do medio rural continuarán terá lugar o 7 de maio no centro social da parroquia friolense de Carballo, onde se desenvolverán ao longo de toda a xornada diversas actividades de carácter formativo e de divulgación arredor da alimentación saudable. Unha homenaxe ao escritor Xerardo Quintá guiada polo xornalista David Espiño e na que intervirán como relatores Pepita Regueiro, Baldo Ramos, Ana Carreira, Antonio Reigosa e alumnos e docentes do Centro Doutor Luis Suárez de Friol, seguida, xa en quenda de tarde, dunha sesión de contacontos, servirán de colofón das xornadas.

The contents of this page were updated on 04.27.2016.