A ensaísta arxentina Beatriz Sarlo, no CEA

A ensaísta arxentina Beatriz Sarlo protagonizou este venres unha nova sesión do Foro CEA ‘ Memoria, identidade e cultura. O desafío das humanidades’ cunha intervención sobre a memoria histórica á que asistiu numeroso público, sobre todo estudantes.
Sarlo dirixiu a revista Punto de Vista e entre os numerosos premios que acadou figuran a Orde do Mérito Cultural (Brasil), o Konex de Platino, a Pluma de Honra da Academia Nacional de Xornalismo de Arxentina e o Premio Internacional Pedro Henríquez Ureña’ 2015 outorgado polo Goberno da República Dominicana.
A escritora arxentina (1942, Bos Aires) estudou Literatura na Universidade de Bos Aires, na que foi ademais profesora. Ditou cursos nas Universidades de Columbia, Berkeley, Maryland, Harvard e Minnesotta (EE.UU.), e en Cambridge (Inglaterra). Os seus ensaios versan sobre a historia intelectual, a cultura urbana e popular, a historia literaria e a crítica, e entre os seus libros destacan El imperio de los sentimientos; Una modernidad periférica; La imaginación técnica; Escenas de la vida posmoderna. Intelectuales, arte y videocultura; Borges, un escritor en las orillas; Ensayos argentinos: De Sarmiento a la vanguardia; La Máquina cultural: maestras, traductores y vanguardias; Siete ensayos sobre Walter Benjamin; La batalla de las ideas; La pasión y la excepción; Escritos sobre literatura argentina; La ciudad vista. Mercancías y cultura urbana; y Ficciones argentinas.
Á conferencia no CEA asistiron numerosos estudantes (Foto: SERVIMAV-USC)