Skip to main content

Recepción de participantes no curso de restauración de zonas degradadas do proxecto Landcare na Escola Politécnica Superior

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, e o profesor da USC Agustín Merino García, que coordina o proxecto europeo Landcare, recibirán o luns 4 de abril, ás 10.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, os alumnos e docentes internacionais que participan nun curso intensivo sobre de restauración de zonas degradadas programado ao abeiro do Landcare.

Este acto de acollida, no que se explicarán os cometidos que pretende o proxecto de innovación docente Landcare, servirá tamén de preludio da intensa actividade formativa que se desenvolverán durante 15 días as persoas participantes neste curso.

The contents of this page were updated on 04.01.2016.