Skip to main content

Unha enquisa permitirá adecuar as Andainas Lingüísticas ás necesidades dos participantes

Xa se poden cubrir en liña

Se queres expresar a túa opinión sobre o deseño das próximas Andainas Lingüística, o Centro de Linguas Modernas (CLM) mantén aberta unha enquisa na que poderás deixar constancia das túas preferencias e así telas en conta nas próximas datas desta iniciativa do CLM.

As Andainas Lingüísticas están deseñadas para fomentar o contacto entre persoas de nacionalidades e culturas distintas unidas polo seu interese no estudo dunha lingua estranxeira, na mellora das súas destrezas orais nesa lingua e o seu desexo de compartir experiencias, aprender e axudar a aprender aos demais. Paralelamente, estes encontros fóra da aula promoven a práctica dunha actividade saudable mediante excursións a pé coñecendo lugares de interese do contorno e promover valores de respecto e tolerancia.

The contents of this page were updated on 04.08.2016.