Skip to main content

Carlos Briones presentou no Museo de Historia Natural da USC o libro Orígenes: el universo, la vida, los humanos

Carlos Briones e Manuel Vicente (Foto: MHN)
Carlos Briones e Manuel Vicente (Foto: MHN)

Coincidindo coa xornada de portas abertas que cada primeiro mércores de mes celebra o Museo de Historia Natural da USC (MHN), este xoves o MHN engadiu á súa exposición permanente a presentación do libro Orígenes: el universo, la vida, los humanos, da man de Manuel Vicente e o co autor do volume Carlos Briones. Nesta sesión na que colaborou a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacion.org) estivo acompañado por Manuel Vicente, director do programa Efervescencia.

Este libro é unha reflexión sobre as claves da formación do universo, a aparición da vida e o nacemento da humanidade. Escrito polo cosmólogo Alberto Fernández, o paleoantropólogo José Mª Bermúdez de Castro e o bioquímico Carlos Briones, profunda na orixe do universo, a emerxencia da vida e a aparición da especia humana. Como apuntan os seus autores, a investigación sobre estas tres cuestións “non só alcanza as fronteiras do coñecemento científico, senón que involucra outros campos da cultura e o pensamento”.

Carlos Briones é científico titular no Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA), asociado ao NASA Astrobiology Institute, e as súas liñas de investigación mergúllanse no estudo das orixes da vida, os virus RNA e a bionanotecnoloxía.

Numeroso público achegouse ao Museo de Historia Natural para asistir á presentación (Foto: MHN)

The contents of this page were updated on 04.05.2016.